jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

A vida e a obra do doutor Castro protagonizan un libro editado pola área municipal de Cultura

Maite Ferreiro e Lois Rodríguez Cabana, este luns na presentación do libro sobre o doutor Castro. EP
Maite Ferreiro e Lois Rodríguez Cabana, este luns na presentación do libro sobre o doutor Castro. EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentou este luns xunto co autor, Lois Rodríguez Cabana, o libro Juan Francisco de Castro, O ilustrado e a reforma social. Editado pola área de Cultura, é un achegamento á vida e á obra do doutor Castro.

O volume é o resultado dos traballos de investigación realizados pola Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro entre os anos 2005 e 2017, e publícase agora coincidindo co terceiro centenario do seu nacemento.                                                                                                                 

O libro, co que se quere colaborar na restauración da figura do doutor "despois de anos de  esquecemento", pode recollerse de xeito gratuíto nas oficinas da área de Cultura.

A vida e a obra do doutor Castro protagonizan un libro editado pola...
Comentarios