lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Tres veterinarios de Lugo denuncian á presidenta colexial por falsidade documental

Acúsana de alterar a acta da asemblea xeral de decembro de 2017, reunión na que se pediu a dimisión deesta pola súa incompatibilidade para exercer como presidenta colexial e concelleira do PP

LUGO. O secretario, vicesecretario e un vogal do Colexio de Veterinarios de Lugo presentaron unha denuncia ante o Consello Galego de Colexios Veterinarios, máximo órgano directivo destes profesionais na comunidade, contra a presidenta, Ana López Pombo por presunta falsidade en documento público. Acúsana de alterar a acta da asemblea xeral celebrada en decembro de 2017, reunión na que se pediu a dimisión de López Pombo pola súa incompatibilidade para exercer como presidenta colexial e concelleira do PP.

Os membros da plataforma Colvet Lugo Democrático explican que na asemblea posterior a presidenta «presuntamente alterou a acta que redactara a anterior secretaria, eliminando da mesma todas aquelas cuestións que non lle resultaban convenientes, e que demostraban o malestar dos asistentes coa súa xestión». Esa versión cambiada foi lida entón por ela mesma.

Sinalan que a que actuaba como secretaria na asemblea de decembro de 2017, Cristina Márquez, remitiu un escrito ao colexio asegurando que «sen o seu coñecemento, alterouse o contido da acta orixinal, eliminando parágrafos completos» e que «non dera o seu consentimento para que se eliminase ou modificase nada». Negouse a asinar a acta e declarou tamén unha «total perda de confianza na actual xunta directiva». Márquez, segundo lembra Colvet nunha nota de presa, fora designada directamente pola directiva de López Pombo ante a dimisión do anterior secretario. Os estatutos establecen que só o que ostente ese cargo pode redactar as actas e que ninguén pode modificalas.

O colectivo confía en que o Consello, que xa admitiu a trámite a denuncia, conclúa un expediente disciplinario que implique o cesamento de López Pombo de doutros tres directivos. Asegura que, de non ser así, acudirá á Xustiza para defender os intereses dos colexiados.

Tres veterinarios de Lugo denuncian á presidenta colexial por...
Comentarios