Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Véndese O Pazo da Fervedoira por un millón de euros

Pazo de Romeán. AEP
Pazo de Romeán. AEP

o hostaleiro que mercara a casaría da Fervedoira, con ruínas de muíños e dun curtidoiro e 23.000 metros, desfaise dela ► En Poutomillos hai outro plazo dispoñible, mentres que o de Carrigueiros está en fase de rehabilitación e o de Romeán segue habitado

O Pazo, o emblemático e deteriorado complexo da Fervedoira, está de novo á venda, despois de que hai un lustro fora mercado por un hostaleiro de Lugo. En realidade, este non tardou moito en poñelo de novo no mercado, pero ata o momento non atopou comprador e a dispoñibilidade da propiedade é máis evidente dende hai uns días, unha vez que se cortou a maleza e quedou á vista o cartel que a anuncia.

A finca está á venda na Inmobiliara Ronda por un millón de euros. Consta duns 1.500 metros construídos e dunha parcela que suma 23.000 metros, co río Fervedoira polo medio e restos de muíños e dun curtidoiro de pel.

Nadela: ofrécese unha casa señorial nunha finca de 23.000 metro cadrados e piscina por preto de 500.000 euros

O actual propietario mercara O Pazo co obxectivo de rehabilitalo e de completalo cunha nova construción —unha especie de carpa fixa— para poñer en marcha un complexo hostaleiro destinado fundamentalmente a banquetes.A situación é boa, ás aforas de Lugo, pero a finca ten algún condicionante, como o feito de que a construcción só se pode rehabilitar e aumentar nun 20% porque está en zona de protección de cauce fluvial.

O Pazo, na Fervedoira. ANA SOMOZA

O último uso que tivo este edificio foi como prostíbulo, pero antes diso foi un reputado restaurante, onde centos de familias celebraron primeiras comuñós e vodas. Foi entón cando recibiu o nome de O Pazo, aínda que en realidade nas orixes foi unha casa de labranza.

Pazo é o de Recimil, ubicado na parroquia de Poutomillos, que nos últimos meses estivo publicitado na inmobilia Equipo Casa por dous millóns de euros. É unha edificación do século XVI que foi reformada por última vez hai 36 anos e ten unha finca de 70.000 metros cadrados, con muíño, capela, lavadoiro, hórreo, piscina e cinco naves para gando.

Outra construcción deste tipo, pero máis modesta, que se oferta agora nas inmediacións de Lugo é unha casa señorial en Nadela, de 120 anos. Ten dúas vivendas (casa principal e de servicio, comunicadas) e varias construcións que funcionan como almacéns. A finca ten 23.000 metros cadrados, está pechada por un muro case na súa totalidade, ten piscina e está á venda en varias inmobiliarias por cantidades que se aproximan aos 500.000 euros.

Construcións con vida: o pazo de Romeán segue habitado e en San Xoán do Campo hai un antigo complexo mantén de labranza que mantén actividade

Moi preto de Lugo, en Folgosa (O Corgo) está á venda o pazo de Piñeiro, unha construcción do século XII de gran monumentalidade, con escudo, patio interior tipo claustro, balaustrada de pedra e entrada para carruaxes. Ten unha parcela de 12.000 metros cadrados e ofértase en varias inmobiliarias.

PROPIEDADES HABITADAS No concello de Lugo non quedan moitas construcións deste tipo, pero entre elas hai algunha que segue habitada. É o caso da casa grande ou pazo de Romeán, situado no lugar de Outeiro, que foi propiedade da familia Fole e dende principios do século pasado está en mans dos Áreas.

Así mesmo, en Abol (San Xoán do Campo) mantense aberta unha antiga casa de labranza, con xardíns, vivenda de servizo e unha gandería.

Carrigueiros
Un pazo que antes foi cárcere
Na entrada á parroquia do Burgo atópase o pazo de Carrigueiro, ao pé do Camiño Primitivo, que o ano pasado obtivo licenza municipal para obras de rehabilitación. Esta edificación relaciónase no século XIX con José María Rivera y Figueroa, capitán de milicias en tempos de Isabel II.  Además, hai documentos que indican que tería acollindo a cárcel do partido xudicial de Mera.
Varias construcións
Está composto por varias construcións, a máis antiga do século XV e conta con restos dunha torre medieval. Porén, a maior parte dos seus detalles artísticos e arquitectónicos datan do século XVIII. Na entrada ten un escudo.

 

Véndese O Pazo da Fervedoira por un millón de euros
Comentarios