lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

O Vello Cárcere acolle a mostra da Colección Viravolta Títeres 

Maite Ferreiro, durante a súa visita á mostra.EP
Maite Ferreiro, durante a súa visita á mostra.EP
A eposición poderá visitarse até o 30 de outubro 

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, inaugurou no Vello Cárcere a nova mostra de títeres procedente da Colección Viravolta Títeres, que este xoves abriu as súas portas. 

Ferreiro afirmou que "esta mostra permitiranos coñecer as distintas pezas necesarias para o funcionamento dun espectáculo de títeres, mediante distintos materiais utilizados por Viravolta Títeres durante a súa carreira". Ademais, a edil de Cultura destacou que "a exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas  únicas procedente dunha das formas de expresión cultural con máis traxectoria da cultura galega".

A compañía Viravolta Títeres fundárona Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado no ano 1982. Trátase dunha das compañías máis antigas de Galicia. Na actualidade contan cun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, nos que combinan as marionetas coa música de cámara ou tradicional.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 30 de outubro.

O Vello Cárcere acolle a mostra da Colección Viravolta Títeres 
Comentarios