sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

O Vello Cárcere acolle historias dos familiares dos presos no seu primeiro aniversario

Asistentes al homenaje en O Vello Cárcere.EP
Asistentes al homenaje en O Vello Cárcere.EP

Os actos continuarán o martes cun encontro co escritor Lorenzo Silva e o neto do arquitecto que deseñou o Vello Cárcere, José Antonio Cobreros Aranguren

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,  e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre,participaron este domingo nos actos conmemorativos, que consistiron na proxección de cinco documentais no vello cárcere

Estas producións foron gravadas por profesionais e bolseiros da Fundación TIC neste escenario histórico, acompañados de fotografías ou noticias da época.

En primeiro lugar proxectouse a reportaxe Exposición dende o panóptico, cada cela unha fiestra é un pequeno homenaxe aos 13 artistas da triple exposición interdisciplinar que acolleu o Vello Cárcere, e que reuniu, por primeira vez, unha serie de traballos de diferentes figuras da arte galega e peninsular, que dialogaron co espazo carcerario e coa súa memoria a través de obras escollidas ou elaborada de maneira específica para este lugar; abriu a programación deste aniversario, ao que tamén asistiron outros membros da Corporación Municipal. 

Posteriormente procedeuse á visualización de 4 vídeos baixo o nome de Vivencias, que narraron historias dos familiares de presos que estiveron neste centro. Neles participaron José Luis Mundiña Pozas, Manuel Cuesta Vázquez, Rafael Pérez de Vega e Claudio Rodríguez Fer.

Os actos de aniversario continuarán o martes, 15 de maio, a partir das 20:30 horas cun encontro co escritor Lorenzo Silva e o neto do arquitecto que deseñou o Vello Cárcere, José Antonio Cobreros Aranguren. Intervirán sobre o libro de Silva, Recordarán tu nombre, que fai memoria ao ferrolá José Aranguren, fusilado por manterse fiel á República durante a Guerra Civil.

O Vello Cárcere acolle historias dos familiares dos presos no seu...
Comentarios