lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

UU AA presenta reclamacións por 400.000 euros a produtores lácteos

Vacas nunha explotación.AEP
Vacas nunha explotación.AEP

Estos pagamentos pendentes afectarían como debedores a Central Leiteira de Lugo ou Loxística Alimentaria, entre outros

O sindicato Unións Agrarias presentou reclamacións por falta de pagamentos de primeiros compradores ou intermediarios a produtores lácteos en Galicia por valor de 400.000 euros. Así o avanzou o secretario xeral de UU AA, Roberto García, en rolda de prensa, na que engadiu que están "pendentes" de formalizar unha reclamación xeral contra Lácteos Ortegal, "que vai cambiando de nome" e que acumula "máis de tres millóns de euros que debe a cooperativas e gandeiros".

"É unha empresa que ten imposibilitado a reclamación de cantidade tendo en conta que dita empresa ten posta unha demanda penal contra outro intermediario que imposibilita que podamos facer a reclamación de cantidade", concretou.

Esas reclamacións afectan a debedores como Central Leiteira de Lugo, con cinco gandeiros aos que se lles debe leite desde xaneiro de 2019. Así mesmo, unhas 16 demandas van contra Loxística Alimentaria por 118.000 euros desde 2015.

"Non só demandamos aos primeiros compradores por falta de pagamentos aos gandeiros, senón que demandamos ás industrias que recibiron o leite destes primeiros compradores, dado que nós entendemos que o lucro real téñeno as empresas e entendemos que por parte da administración deberíase ser máis rigoroso".

Con iso avanzou que exporán "unha modificación lexislativa" á Xunta de Galicia e aos grupos políticos do Parlamento galego, para que non poida recibir subvencións públicas calquera industria láctea ou primeiro comprador que teña demandas por reclamación de cantidade, do mesmo modeo que ten que estar ao corrente de pagos á Seguridade Social e a Facenda.

"Imos pedir que estas empresas que temos no xulgado para cobrar o leite, que poden tardar catro ou cinco anos ante unha reclamación de cantidade que é algo que debería de ser un procedemento máis rápido, parece lóxica que algunhas que cobran de subvencións máis de 800 mil euros paralíceselles calquera pago", sostivo finalmente.

UU AA presenta reclamacións por 400.000 euros a produtores lácteos
Comentarios