Os universitarios opinan

Os estudantes de Lugo din que os prezos que non paran de subir e que reservan dun curso para outro. Ven doado atopar habitación para completar piso, pero non un baleiro para ir en grupo.

Beatriz Ruiz: "Me vine a ciegas, sin ver el piso, pero acerté a la primera"

Beatriz Ruiz. XESÚS PONTE
Beatriz Ruiz, estudante de Veterinaria. XESÚS PONTE

Chegou desde Ciudad Real para estudar Veterinaria. Antes de trasladarse a Lugo buscou piso a través das redes sociais. "Escribí un mensaje en Twitter para buscar habitación y me contactaron. Acerté a la primera", comenta. Este é o seu segundo ano e continúa no mesmo aloxamento. "Contactó conmigo un compañero de piso porque tenían una habitación libre que necesitaban ocupar. Me vine a ciegas, sin ver el piso", lembra. Recoñece que tivo sorte porque o que atopou cando chegou correspondíase co que agardaba, pero podía ter sido doutro xeito. Comparte piso con outros tres estudantes e vive cerca da facultade. Cre que a oferta pola zona é suficiente, pero recoñece que os pisos raramente quedan libres dun ano para outro.

 

Lidia López: "Lo más difícil fue encontrar piso para mí sola y con mascota"

Lidia López, estudante de Veterinaria. XESÚS PONTE
Lidia López, estudante de Veterinaria. XESÚS PONTE

En catro anos que leva estudando en Lugo pasou por tres pisos diferentes. Lidia López chegou de Barcelona e o primeiro aloxamento buscouno a través dos grupos de Facebook. "Fue fácil contactar porque en esos grupos hay bastante oferta de habitaciones en pisos compartidos", explica. A cousa cambiou cando decideu que quería vivir soa. "Encontra un estudio para una sola persona en el que además admitiesen mascotas resultó más difícil" porque a oferta é moito menor e moitos caseiros non admiten animais. Este curso comparte piso con outra persoa. "Fue bastante rápido. Encontramos un apartamento para dos que quedaba libre y además está cerca de la facultad, así que se puede decir que tuvimos mucha suerte".


Ero Couso: "Os propietarios de pisos buscan outro perfil, non universitarios"

Ero Couso, estudante de Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE
Ero Couso, estudante de Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE

Paga 500 euros por un apartamento para dous. Non é doado atopar este tipo de vivenda. Esta xa a tiña alugada un compañeiro e foise vivir con el. Non está no campus, senón nun barrio limítrofe, pero aínda así a renda mensual resulta cara. Di que os prezos subiron moito e que os pisos escasean porque os propietarios buscan un perfil diferente ao dos universitarios e ven outras vías de negocio máis cómodas para sacar rendemento dos inmobles. "Un piso turístico gana tanto no San Froilán e no Arde Lucus coma o resto do ano alugado a universitarios". O feito de que os estudantes non ocupen os pisos no verán tamén é unha traba, "aínda que é habitual que teñas que pagar algo para que cho garden eses meses que non estás".

José Ángel Pedreira: "Atopei un número nun poste e xa non din máis voltas"

José Ángel Pedreira, estudante de Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE
José Ángel Pedreira estuda Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE

Leva seis anos no mesmo piso e di que tivo moita sorte porque encontrou desde o inicio da carreira unha vivenda ao seu gusto. "Empecei a buscar a través das inmobiliarias. Vin tres ou catro pisos e non me convencían moito. Un día que andaba visitando casas cun familiar atopei un anuncio na rúa, pegado nun poste. Chamei a ese número, fúmolo ver, gustoume e xa non din máis voltas", lembra José Ángel Pedreira. Considera que foi afortunado de dar con ese anuncio por casualidade porque xa levaba visto varios inmobles e ningún encaixaba na súa idea. O seu é un piso para dous e compárteo cun compañeiro que foi variando ao longo destes seis anos. Non lle resulta moi difícil encontrar substituto cando algún marcha.


Manuel Ramón Díaz: "Buscar un piso vacío para un grupo es complicado"

Manuel Ramón Díaz, estudante de Veterinaria. XESÚS PONTE
Manuel Ramón Díaz, estudante de Veterinaria. XESÚS PONTE

Leva oito anos estudando en Lugo e outros tantos alugando piso, así que ten bastante coñecemento do mercado inmobiliario en Lugo . "Si buscas algo para ti solo es fácil porque hay mucha oferta de habitaciones para completar pisos, pero si buscas para un grupo de gente es difícil porque no hay tantos pisos vacíos". Manuel Ramón Díaz apunta que tamén é máis doado atopar aloxamento para todo o curso que para unha parte del. "Por ejemplo, si necesitas solo un semestre es muy difícil que te alquilen". Este estudante de Veterinaria ten constatado que nos últimos anos os alugueiros subiron moito. "Sobre todo en los cuatro o cinco últimos años", afirma.

Adrián Allo: "O primeiro ano vinme negro para atopar un piso malísimo"

Adrián Allo, estudante de Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE
Adrián Allo, estudante de Enxeñería Agrícola. XESÚS PONTE

Este é o seu cuarto curso en Lugo e Adrián Allo aínda se acorda do que lle custou atopar piso o primeiro ano. "Empecei a buscar en xuño ou xullo e vinme negro para atopar un piso. En agosto tiven que quedarme cun malísimo e encima pagar por el 400 euros". Para o seguinte ano xa tivo marxe de manobra e buscou con antelación outro que lle gustaba algo máis. "Este curso estou nun piso para catro persoas que xa era doutros compañeiros. Quedou reservado desde o ano pasado", explica. Quéixase de que os prezos non paran de subir. "Pasamos de 400 a 500 euros polo mesmo piso. Repartimos entre catro, pero non é o único gasto que temos", comenta.

Comentarios