A rúa Santiago recupera a normalidade este venres e reabre en dobre sentido

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas explicou que "nestes días o treito entre o polideportivo municipal e a Porta de Santiago estivo pechado en sentido ascendente debido ás obras da Ronda"
Obras de asfaltado na Ronda da Muralla. CEDIDA
photo_camera Obras de asfaltado na Ronda da Muralla. CEDIDA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que a partir da última hora da tarde deste venres reabrirá ao tráfico a rúa Santiago no treito entre o pavillón polideportivo e a Porta de Santiago, en sentido ascendente.

Penas explicou que "debido ás obras de humanización da Ronda fíxose necesario cortar este treito para realizar unha serie de traballos na propia vía".

O edil de Infraestruturas anunciou que "a partir da última hora da tarde volveremos abrir este percorrido, avanzando na recuperación da normalidade na circulación deste treito".

"Os traballos de humanización da Ronda, no treito entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba están a avanzar a moi bo ritmo, e de cara á vindeira semana comezaremos a recuperar a normalidade na zona", afirmou Alexandre Penas, que lembrou que "durante a vindeira semana reabrirase a circulación do tráfico neste treito, ao rematar xa os traballos de pavimentación do vial e a construcción da nova beirarrúa".

Comentarios