O TSXG valida os orzamentos locais de 2016 porque anulalos poría en risco o persoal

O Tribunal rexeita o recurso presentado polo CSIF
Sede del TSXG. GOOGLE MAPS
photo_camera Sede do TSXG. GOOGLE MAPS

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso presentado polo CSIF contra a aprobación das contas do Concello de Lugo do ano 2016 ao considerar que os desaxustes entre a Relación de Postos de Traballo (RPT) e a plantilla non é unha razón de peso como para anulalas.

O sindicato denunciaba, entre outras cousas, que os orzamentos non eran conformes ao dereito porque incluían postos de traballo que non estaban no cadro de persoal e entendían que Intervención elaboraba e fiscalizaba á súa vez as contas e que era un órgano "incompetente" para ese labor. Agora, o TSXG dá a razón ao Concello de Lugo e estima o recurso de apelación presentado contra a senteza ditada o 18 de abril de 2018 polo Xulgado Contencioso de Lugo a favor da CSIF.

O TSXG recolle que aínda que efectivamente se aprecia un desaxuste entre a RPT e o cadro de persoal do Concello, a estimación do recurso do sindicato "provocaría nefastas consecuencias ya que se pondría en peligro la existencia de actuales puestos de trabajo y el percibo de las retribuciones. En consecuencia, nos parece excesivo y contraproducente, declarar la nulidad de los presupuestos aprobados aun cuando se aprecie un claro e irregular desajuste entre la RPT y el cuadro de personal". No obstante, considera "necesario" subsanar estas deficiencias.

O fallo fai ademais unha comparativa coa sentenza ditada o 12 de xuño deste ano fronte ao recurso promovido polo sindicato Ágora contra os orzamentos de Lugo do 2018, que tamén foi rexeitado. Sinala que "no cabe concluir que la elaboración y fiscalización de los presupuestos se haya realizado por un órgano incompetente" e precisa que pese a que por circunstancias "provisorias" tales funcións recaen na Intervención Xeral, por norma xeral o Concello respecta a independencia de cada órgano no desempeño das súas funcións, concluía a sentenza.

Comentarios