Tres accidentes por alcance en O Ceao e Marqués de Ombrerio sáldanse con dous feridos

Unha ambulancia atendeu a un neno de dous anos que ocupaba o asento traseiro dun dos vehículos, aínda que non sufriu ningunha lesión de consideración

Tres accidentes por alcance rexistrados en Lugo saldáronse con dous feridos e cuantiosos danos materiais. O primeiro dos sinistros tivo lugar na mañá do venres na Avenida Benigno Rivera. O turismo con matrícula 7759 GDT colisionou por alcance contra outro con placas 6806 HMR, que se atopaba detido por causas do tráfico. Este último desprazouse contra un terceiro vehículo, con matrícula 4656 JSN, que tamén estaba parado. Unha ambulancia atendeu a un neno de 2 anos que ocupaba o asento traseiro dun dos vehículos, aínda que o menor non sufriu ningunha lesión de consideración porque facía uso do sistema de retención infantil.

O segundo accidente ocorreu ás 11.30 horas de este sábado na Avenida Marqués de Ombreiro. O turismo LU-9681-T detívose nun paso de peóns e foi alcanzado polo turismo 2575 FSR. Unha ambulancia trasladou aos dous ocupantes do primeiro vehículo a un centro médico, xa que ambos se queixaban de dor no pescozo. Unha hora máis tarde houbo otro sinistro na Avenida Benigno Rivera. O vehículo con matrícula LU-6484-W chocou por alcance contra o 7110 FWM, que se atopaba detido por causas do tráfico, e este último desprazouse contra o 3798 FKL. Os Bombeiros acudiron ao lugar para limpar a vía, xa que un dos automóbiles accidentados derramou líquido deslizante.

Ás nove da noite deste sábado tivo lugar unha saída de vía no quilómetro 494 da A-6. Un turismo chocou contra un sinal e foron os bombeiros para axudar a saír a unha muller. Tráfico explicou que non houbo consecuencias graves.

AXUDA. A Policía Local tamén recibiu onte unha chamada porque unha persoa maior caera da cama. Os axentes acudiron de inmediato ao domicilio indicado e axudaron ao home, de 87 anos de idade, xa que a súa muller, tamén maior, non conseguía levantalo ela soa.

Comentarios