Un tramo da rúa Peña Anda será dun só sentido pola instalación da pasarela de Fontiñas

O último treito de Doutor Balanza modificará o sentido habitual de circulación
Infografía dos cambios no tráfico. EP
photo_camera Infografía dos cambios no tráfico. EP

Alexandre Penas, edil de Infraestruturas, informou das modificacións de tráfico que se levarán a cabo na cidade debido á construcción da pasarela peonil de Fontiñas. O plan cambiará a circulación na rúa Peña Anda, deixándoo só en sentido ascendente cara Doutor Balanza. Asi, no último treito de Doutor Balanza cambiarase o sentido, comunicando así as rúas Emilia Pardo Bazán e Carril de Catasol. 

"Desde a concellería de Infraestruturas buscamos sempre que os traballos se executen producindo as mínimas molestias á veciñanza, e neste caso só será preciso modificar o sentido de dúas rúas da zona", indicou Penas. 

Na primeira fase das obras construiranse as zapatas que sosterán a pasarela, para despois instalar a estrutura. Neste proceso haberá tamén que modificar algúns servizos como as canalizacións. 

Comentarios