lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Traballos que cotizan á alza en tempos de coronavirus

En pandemia, son varios os negocios que dobraron esforzos para atender o aumento da demanda. Os lucenses explican onde se move agora o traballo

A pandemia mantén na corda frouxa a moitas empresas e sectores. Pola contra, hai outros nos que medrou o negocio ou nos que os lucenses atoparon xeitos de reconducir a situación. Establecementos de informática, de bicicletas, de reformas domésticas, de servizos a domicilio de comida ou de apoio psicolóxico teñen na nova normalidade un enfoque renovado.

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkSantiago Seijas Alfonso é o propietario de Mybike, un establecemento de bicicletas da Rúa Fontiñas de Lugo. Se cadra é este sector o que experimentou un dos repuntes máis elevados en pandemia. "No confinamento pechamos, coma todos, pero en canto se puido abrir comezou a subir a demanda ata chegar a ter problemas de stock", explica.

Segundo comenta, na actualidade, anque a demanda está un chisco máis estable, aínda falta abastecemento: "Agora, a bici que entra en tenda ou está reservada ou se vende en menos de dous días e os prazos de entrega dos novos pedidos estanse alongando moito". E o mesmo ocorre nas pezas para reparacións.

Explica que a situación actual está motivada por varios factores. De primeiras, subiu moito a demanda dende a desescalada, as marcas viron case duplicadas as súas peticións e non puideron dobrar persoal para atender esa demanda. «En Asia, onde se fabrica, nas factorías hai distancias de seguridade e límite de persoal, polo que a cadea non produce máis ca antes», detalla. Tamén faltan materias primas e, en moitos casos, compoñentes. "Hai bicis fabricadas pendentes da instalación do cambio ou dos freos. Marcas de compoñentes como Shimano teñen problemas para dar abastecemento". A todo iso hai que sumar a cuestión dos transportes: "Co tráfico aéreo reducido, a mercancía sae en barco, un medio máis lento, e ten que pasar corentena cando chega aos países de destino".

En Mybike traballan moito coa marca Treck, que soubo ler o mercado en pleno estado de alarma e adiantarse á situación. "Elevou a produción e acertou. Nós confiamos na súa teoría e tamén lles fixemos pedidos grandes e logramos ter stock, pero parecía de tolos mercar tantas bicis en marzo, coa que estaba caendo! Arriscamos e saíu ben. Puidemos abastecer os clientes", comenta.

Mybike duplicou o número de traballadores nos últimos meses e agora están pendentes do que pase no inverno. "Estabilizouse algo, pero segue a demanda. Hai moita xente que practicaba deporte en espazos cerrados que agora recorre á bici e tamén moitos pais que queren saír cos cativos ao faltar as actividades extraescolares. O consumo disparouse en todos os segmentos, e incluso xente que veu por unha bici máis básica de primeiras agora busca algo mellor", conclúe.

"Estivemos practicamente todo o verán instalando calefaccións e mellorando os sistemas de auga en segundas residencias"

Outro sector no que non dan feito é o das reformas en xeral. Os fontaneiros xa teñen normalmente unha axenda completa, pero a pandemia terminoude colapsala. Carlos Vega Novo é o xerente de Asisgalia, unha firma de fontanería e calefacción asentada entre A Pobra do Brollón e Monforte, e recoñece que nos últimos meses o ritmo de traballo foi moi forte. "Tamén traballamos coas compañías aseguradores, polo que estivemos en activo practicamente todo o confinamento, coma servizos esenciais", explica.

O que percibe este profesional é unha preocupación importante por parte da xente por arranxar e facer máis acolledoras as viviendas habituais con pequenos cambios e un aumento moi elevado nas reparacións e melloras de segundas vivendas. "Estivemos practicamente todo o verán instalando calefaccións e mellorando os sistemas de auga en segundas residencias ubicadas principalmente no medio rural. Na maioría, son casas de xente que está en Madrid ou Barcelona, xubilados, que van quedar aquí todo o inverno. Non queren regresar ás cidades"», destaca este profesional.

Outro servizo que medrou de xeito considerable foi o das reparacións dos cuartos de baño. «A reforma pequena tamén se disparou. Por exemplo, cambiar bañeiras por pratos de ducha é algo que se solicita case a diario e o que che transmite o cliente é que canto antes se faga a obra mellor, porque nunca se sabe o que pode vir", engade.

Tamén hai unha forte aposta polos sistemas de eficiencia enerxética e aforro de consumo, especialmente nas caldeiras de leña, pellets ou biomasa. Ao estar máis tempo na casa, aumentan os gastos de calefacción e gran parte dos cliente apostan por instalacións mixtas que reducen a dependencia do gasóleo. "No medio rural piden máis sistemas de leña e no urbano tiran máis polo pellet e a biomasa. Xa levabamos anos tra - ballando moito nisto, pero agora todo o mundo quere facer o cambio", conclúe Carlos Vega.

A hostalaría está a sufrir especialmente os efectos económicos da pandemia, pero algúns negocios atoparon unha vía de escape ás restricións nos locais cos servizos de comida a domicilio.

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkA Taberna dos Peña é unha casa de comidas emblemática de Lugo que conta con servizo a domicilio dende o 2007, pero que se viu reforzado nos últimos meses.

"En marzo estuvimos parados, pero en abril y mayo recuperamos el servicio a domicilio y registra - mos una importante demanda tanto a través de internet como del teléfono", explica Jacobo Peña, que leva o negocio coa axuda da súa nai, Adela, na cociña.

Nos primeiros meses de pandemia, a Taberna dos Peña foi completamente flexible ás necesidades e circunstancias do cliente. Porque a xente nova resolve os pedidos a través da web ou da aplicación móvil, pero tamén atenderon vía telefónica aos máis maiores.

Agora, o restaurante recuperou a súa actividade parcialmente. As mesas están ao 50% e moita xente preferiu volver ao local a xantar. "Tenemos el horario muy ajustado y reducimos mucho el personal para minimizar los riesgos. La idea es dar el mejor servicioposible manteniendo siempre la seguridad sanitaria. No asumimos más trabajo del que podemos hacer», añade. O establecemento está ampliando servizos a domi cilio. "La carta es muy variada y tenemos una plataforma propia de pedidos y entregas. Al principio trabajábamos con otras compañías, pero ahora controlamos todo el proceso", finaliza.

A firma de fotografía Kantero ten establecementos en Lugo e Guitiriz, e neste segun - do caso ofrece ademais o servizo de informática, que inclúe tanto a venda e reparación de equipos informáticos como de complementos. Foi na rama da informática onde se notou un incremento de venta desde a pandemia.

María do Carme Barreiro é unha das profesionais de Kantero en Guitiriz e sinala que nun primeiro momento, cando comezou o confinamento no pasado mes de de marzo, a demanda de equipos informáticos disparouse, especialmente de portátiles e tablets.

Os traballadores tiveron que acollerse de un día para outro ao teletraballo e na gran maioría dos casos incluso aportaron os seus propios recursos. A maiores, en moitas familias había máis dunha persoa teletraballando ou cativos que tiñan que seguir as clases online. Por iso, a venda de equipos subiu tanto. "Iso foi no primeiro momento, despois chegou o tema de internet. Cando a xente se puxo a traballar de xeito simultáneo, viuse que as conexións que tiñan nos domicilios non era suficentes para todos e nos últimos meses a xente contratou ampliacións de gigas e moitas tarxetas prepago para internet", engade Barreiro. "Atendemos unha zona rural moi ampla. Hai moitas aldeas nas que polo momento a única opción para conectarse son as tarxetas prepago", apunta. Tamén hai outro produto no que se disparou a demanda, os amplificadores de wifi. "Estes aparatos tamén foron moi buscados. Nas casas grandes son necesarios para levar a rede ás estancias máis alonxadas do rúter e naszonas de pouca cobertura tamén fan falta", afirma.

Agora a demanda é máis estable, pero no primeiro momento, en pleno confinamiento e cos servizos de transporte tamén reducidos e moitas casas de fabrica ción pechadas, nalgúns produtos houbo problemas de stock. Durante o verán e nas últimas semanas volveu certa preocupación ás familias e traballadores para equiparse para o inverno.

"Agudízanse problemas de ansiedade, de parella, para durmir, estados anímicos baixos ou de rexeitamento á vida social"

"Todo o mundo ten en mente a posibilidade de teletraballar ou que os nenos teñan que voltar á casa, e queren estar preparados", di María do Carme Barreiro. Ainda que agora é todo moi racional: «A situación económica tamén é máis delicada e a xente mira máis o que gasta. Invírtese o necesario, sen dispendios», valora.

Janet Díaz, psicóloga, ten consulta na capital lucense, pero cando comezou o confinamento puxo en marcha distintas medidas para atender aos seus pacientes na distancia. Con algúns usou plata - formas coma Zoom e con outros, o teléfono convencional.

Na actualidade recuperou a actividade presencial, pero os mecanismos telemáticos seguen en funcionamento, especialmen - te cando chega algún brote. "A xente prefire a sesión presencial porque anque é preciso gardar a distancia de seguridade e levar máscara, sempre hai máis proxi - midade ca por teléfono, pero, por exemplo, cando xurdiu o brote do barrio da Milagrosa os pacientes apostaron de novo polos medios telemáticos", apunta. Tamén recoñece que a xente máis nova se entende mellor no ámbito dixital e os máis maiores prefiren a cita presencial.

Asegura Janet Díaz que polo momento a pandemia non está dando patoloxías específicas. "Agudízanse problemas de ansiedade, de parella, para durmir, estados anímicos baixos ou de rexeitamento á vida social, en xente que xa presentaba patoloxía anterior", detalla. "A xente ten máis fortalezas da que pensa e é moi resiliente, polo que polo momento se está adaptando á situación. Hai que esperar ao medio ou largo prazo", reflexiona esta profesional.

Traballos que cotizan á alza en tempos de coronavirus
Comentarios