martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Tonina Gay inaugura o San Froilán co seu pregón

A xornalista ofreceu un discurso un contexto atípico marcado pola pandemia

A xornalista Tonina Gay ofrece este domingo o pregón de San Froilán. O acto celebrouse ás 12.30 horas na casa do concello e a circunstancia de pandemia actual fixo que fora completamente atípico.

Así, a xornalista realizou o seu discurso no salón de plenos da casa do concello sen presencia de público.

Tradicionalmente, o pregón das festas patronais ten como escenario o balcón da casa do concello e os lucenses poden seguir a intervención desde a Praza Maior. Case sempre eran centos de persoas as que se apiñaban na praza para escoitar á persoa encargada de abrir os festexos. Con todo, as normas que obrigan a gardar a distancia social impediron que se mantivese este ano en Lugo a tradición.

Gay, que traballou toda a súa vida na radio, volveu así a atoparse cos lucenses nese medio, xa que o seu discurso si pudi seguirse en ondas como as de Cope Lugo.

Ao acto no Concello só asistiron políticos.

Tonina Gay inaugura o San Froilán co seu pregón
Comentarios