
As bandas británicas The Wedding Present e The Wave Pictures deron pompa e circunstancia internacional ao Facela, festival de música independente de Lugo. Ambos grupos fixeron a única parada de concertos nun escenario exterior do Gustavo Freire.
The Wedding Present, que está na xira do 30º aniversario, ten o récord de singles publicados cunha versión en cada cara b cada mes do ano dende 1992, teima na que superaron a Elvis Presley.
David Tattersall exerce de mestre de cerimonias que suman humor, improvisación e cercanía co público á fronte do seu grupo, The Wave Pictures. Lugo estivo representado con bandas locais reunidas arredor de Kike Ganso con Juantxo Pájaro, César López, Natalie Uppa e Javi Teclas.
Lucenses son tamén Nebra, que reúne a Sara Cruz, Ángel Boquete e Ro Muñoz para mesturar o folk con elementos do metal e dos anos 80. Completaron o cartel o dúo de country The Mastersons, procedentes de Estados Unidos, e os barceloneses Stay.
Los Punsetes
A ironía de Los Punsetes comezará a soar ás 0.25 horas. Á 1.50 actúan Lie Detectors e pecha Pepe Prieto Pinchadiscos.
Filophóbicas
Antes, estarán Filophóbicas (19.30 horas) e Bang 47 (20.40 horas).