'A Tertulia' aborda o impacto en Lugo dos Presupostos da Xunta

Xa podes ver o último programa do espazo conducido por Paco Nieto en TeleLugo

Esta semana A Tertulia, o espazo conducido por Paco Nieto en TeleLugo, abordou temas de actualidade lucense tomando como punto de partida o avance dos orzamentos da Xunta para 2017, que o gabinete de Alberto Núñez Feijóo considera "moi bos" para Lugo ao tempo que reciben as críticas da oposición.

Para falar diso e doutros temas de interese como os servizos ferroviarios da capital lucense, no plató de TeleLugo citáronse Manolo Romay, exdirector provincial de Correos; o arquitecto Alberte González e o empresario e escritor José Guerrero Pérez.