Susto en la Rúa das Nóreas por un incendio en un garaje

Otro fuego en una vivienda de Fingoi obligó a trasladas a dos personas al Hula
photo_camera Los bomberos intervienen en el incendio en la Rúa das Nóreas. XESÚS PONTE

Un incendio nun garaxe da Rúa das Nóreas, en Lugo, levantou gran expectación este miércolas pola tarde. O lume orixinouse nun coche e non houbo que lamentar feridos.

O suceso ocorreu ao redor das 18.30 horas e mobilizouse unha ambulancia, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Los bomberos intervienen en el incendio de la Rúa das Nóreas. XESÚS PONTE

INCENDIO EN FINGOI. Por outra banda, este mércores tamén se rexistrou outro incendio en Lugo que obrigou a trasladar a dúas persoas ao Hula. O lume orixinouse no interior da cociña dunha vivenda pasadas as 13.30 horas. 

Cando varias persoas particulares chamaban para indicar que ardía unha cociña nun piso da Praza do Mestre Matías García Bernal. Na mesma comunicación, afirmábase que o lume xa estaba apagado pero que había unha persoa que podía necesitar asistencia médica.

De inmediato, os operadores do CIAE-112 Galicia facilitáronlle a información aos Bombeiros de Lugo, aos servizos sanitarios, á Policía Local e a Protección Civil.

Ao final, a dotación de Bombeiros desprazada indicou que no lugar ardera unha campá extractora e, pola súa banda, o persoal sanitario confirmou o traslado de dúas persoas ao Hospital Lucus Augusti.