Os soños de Xoel López, na sala Tebras de Lugo

O concerto foi o acto de presentación do novo local

Xoel López en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Xoel López en Lugo. XESÚS PONTE

A sala Tebras abriu este domingo as súas portas por primeira vez e fíxoo cos acordes de Xoel López. O concerto, que se enmarca no ciclo ‘Escenarios Vibra Mahou’, foi o acto de presentación do novo local de Lugo.

O cantante galego presentou o seu novo traballo, Sueños y pan,no que mestura as sonoridades do pop con sintetizadores e coa gaita de Budiño no primeiro tema, Jaguar. Os camiños do Courel tamén estiveron presentes co tema Serpes, que fala dos recordos da súa infancia en Seoane, lugar de onde é a súa familia materna.

Este disco pecha a triloxía iniciada con Atlántico e Paramales e supón a consolidación do novo proxecto de Xoel López. 

Comentarios