Estas son as velocidades ás que se poderá circular por Lugo desde este martes

"Tiñamos os deberes feitos, porque a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h", indica Arroxo, tras a entrada en vigor da nova medida da DXT
La Ronda do Carme, en donde se cometió el robo. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera A Ronda do Carme, co sinal de limitación a 30. XESÚS PONTE

A limitación a 30 km/h nas rúas cun único carril no ámbito urbano decretada pola DXT entrou este martes en vigor. En Lugo, a medida non afecta tanto como noutras localidades da provincia posto que a redución xa estaba implantada en gran parte da capital. 

"En Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h", sinalou este martes o tenente de alcalde, Rubén Arroxo. É o caso das rúas de todos os entornos escolares e pasos de peóns que posúen un único carril. Tamén o de dúas das principais vías da cidade con dobre carril, a Ronda da Muralla e Ramón Ferreiro, que xa estaban sinalizadas e a súa velocidade máxima permitida era de 30 km/h.

Tamén a vía de Angelo Colocci, con dobre carril ten como límite o de 30 km/h. E a Avenida de Madrid, tamén de dobre carril, ten o límite en 40 km/h e xa está señalizada.

Así afecta a redución dos límites urbanos en toda a provincia

As rúas que quedan a 50 km/h, que son de dobre carril nas dúas direccións e teñen amplitude e lonxitude suficiente, son a Ronda de Fingoi, República Arxentina, Avenida de Magoi (solo nas zonas de doble carril, hai zonas de carril único que son a 30 km/h), Avenida Afonso X e Infanta Elena.

Tamén manteñen a súa velocidade orixinal a nova ponte branca e gran parte do novo polígono de Augas Férreas. Outros viais que se manteñen son os polígonos de As Gándaras e O Ceao nas zonas sinalizadas a 50 km/hora de dobre carril.

Desta forma, os principais cambios afectan a rúas como a Avenida da Coruña ou a Ronda do Carme, que pasan a estar limitadas a 30 km/h.

Ao ser de plataforma única, as rúas peatonais quedan a 20, aínda que de facto raramente se alcanza xa esa velocidade neste tipo de rúas.