Contido patrocinado por Serfuja

Son os suicidios realmente un problema para a provincia de Lugo?

Estes días fálase moito dos suicidios na provincia de Lugo, pero son realmente un problema?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Dende o momento no que se trata dun tipo de morte que é perfectamente evitable, a resposta é evidente: si. Un só falecemento por estas causas é un fracaso do conxunto da sociedade, que non foi quen de darlle recursos a esa persoa para afrontar a súa situación e evitar que chegase a ese extremo.

Se poñemos os datos en contexto é máis doado de apreciar: no 2020 houbo na provincia de Lugo 45 suicidios. Só en Soria se deron proporcionalmente máis casos (estas estatísticas adoitan calcularse poñendo en relación o número de suicidios por cada 100.000 habitantes), con 14,63 casos por cada 100.000 habitantes, lixeiramente por riba dos datos de Lugo (13,72). Isto significa que a nosa provincia ten un 53% máis de suicidios cá media española e ao redor dun 20% máis cá media do resto de provincias galegas.

Polo tanto, a prevención do suicidio e a protección da saúde mental é unha tarefa na que nos debemos comprometer a fondo todas as persoas, tanto a nivel particular como colectivo.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas