domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

A mitoloxía tradicional do Miño deixase ver no barrio da Ponte

Presentación dos paneis do barrio da Ponte.EP
Presentación dos paneis do barrio da Ponte.EP

A Tenencia de Alcaldía leva uns paneis sobre a cultura e folclore do enclave cuns paneis informativos elaborados por Antonio Reigosa e a ilustradora Noemí López

O goberno de Lugo vén de instalar seis paneis no barrio da Ponte, recompilando lendas tradicionais sobre a vida do barrio e sobre a cultura tradicional do mesmo. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, afirmou que "queremos potenciar o atractivo turístico desta zona da cidade, que conta cunha longa historia e cun gran potencial ao atoparse na contorna do río, ademais de contar cun gran peso patrimonial, coa ponte romana".  Arroxo explicou que "realizamos esta acción recollendo as solicitudes da veciñanza da zona reclamando este tipo de instalacións para mellorar a imaxe do barrio".

Para a realización desta acción contouse coa colaboración do escritor Antonio Reigosa e da ilustradora luguesa Noemí López. Arroxo destacou "a gran calidade das ilustracións de Noemí López e o destacable traballo de Antonio Reigosa no eido da investigación da mitoloxía popular e da tradición oral".

O tenente de alcalde animou aos lucenses a pasear polo barrio da Ponte e "coñecer as lendas relacionadas co río", e destacou o compromiso do goberno de Lugo "para achegar á veciñanza de Lugo ao barrio da Ponte conectándoo co resto da cidade, creando unha ruta peonil que remata no cemiterio municipal, un dos maiores atractivos turísticos da zona, recoñecido con múltiples premios a nivel estatal e internacional".

A mitoloxía tradicional do Miño deixase ver no barrio da Ponte
Comentarios