viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Santiago Fernández Rocha: "Pactaríamos con el PSOE sin Orozco y reduciendo asesores"

Santiago Fernández Rocha
Santiago Fernández Rocha
Profesor activo e inquedo, viu claro que este era o momento de actuar.

Chegou aquí máis por inquedanza que por fartura?

Levo anos moi indignado pola situación política, que estaba en descomposición. Vin que era o momento de comprometerse con algo distinto, capaz de conectar co novo tempo e que esixía unha nova forma de enfocar a política, que superara os partidos tradicionais. Nunha conversa que tivemos uns compañeiros en maio do ano pasado nunha comida plantexeilles esta situación. Bernardino Pardo foi a un dos primeiros dos que chamei para que polo menos intentáramos meterlle medo a estes políticos que temos en Lugo, que xa non son capaces da rexenación porque teñen un aparato tan enquistado que os vai corroendo.

Falando de Pardo, nos inicios de Lugonovo moitos pensaban que encabezaría a lista para aforrar esa rodaxe de dar a coñecer ao público un candidato. Daralle tempo á xente a saber quen é vostede?

O coñecemento é progresivo. Hai unha semana ou dez días coñecíame un 15% da xente e agora un 50%. Eso é un handicap relativo. Teño que dicir que o candidato que eu pensei nun primeiro momento era Berdardino, pero por razóns persoais declinou. A xente que me acompañaba pedíronme que dera un paso adiante e me presentara as primarias. E aquí estou: disposto a todo por defender o que creo, a democracia, o dereito das persoas e a identidade de Galicia.

Nunca viron a posibilidade real de sumar a Esquerda Unida?

Vímolas todas pero non foi posible. Iniciamos negociacións e o único que lles pedimos foi que se presentasen a unhas primarias. Non tivemos resposta.

Podemos apoia á súa formación, pero realmente ten a sensación de que están facendo campaña por vostede?

Sempre manifestamos que estábamos dispostos a asumir os apoios de todas as organizacións que estiveran de acordo cos nosos principios pero as decisións iban ser sempre das persoas. Eu estou afiliado a Compromiso por Galicia pero non condiciona para nada a miña tarefa en Lugo Novo. Estiveron o secretario de Podemos en Galicia e en Lugo nunha roda de prensa conxunta manifestando o seu apoio. Non podemos entrar a valorar se a xente traballa máis ou menos. A xente fai o que pode.

Se chegan a ser chave dun goberno socialista, que esixirían para pactar, ademais de que Orozco non sexa o alcalde?

Non permitiríamos en ningún caso que gobernase unha persoa imputada. Estaríamos dispostos a entrar en negociacións baixo esa condición. Pactaríamos en base ao programa e con luz e taquígrafos: todo o mundo ten que saber ao milímetro como é o noso acordo. Pediríamos a reducción de asesores e dedicacións exclusivas para aumentar o gasto social.

E a municipalización dos servizos?

Esa é a tendencia. Non quere dicir que en dous anos tivera que estar todo municipalizado. Empezaríamos pola Ora.

Santiago Fernández Rocha: "Pactaríamos con el PSOE sin Orozco y...
Comentarios