O San Froilán Miúdo contará cun total de dez actividades para o público familiar

O aparcadoiro do Seminario converterase nun espazo adicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de títeres, danza, maxia ou circo para todos os públicos
Ferreiro con Alba Bueno, deseñadora do cartaz do San Froilán Miúdo.EP
photo_camera Ferreiro con Alba Bueno, deseñadora do cartaz do San Froilán Miúdo.EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o programa do San Froilán Miúdo deste ano, que contará con 10 actividades de distintos formatos para "achegar a cultura de maneira segura ás máis pequenas e pequenos" con propostas "de calidade, premiadas e de recoñecemento". Haberá un espectáculo por día entre o 5 e o 12 de outubro, aos que se unirán dous máis de mañá o martes 5 e o sábado 9.

Deste xeito, o aparcadoiro do Seminario converterase nun espazo adicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de títeres, danza, maxia ou circo para todos os públicos. "Esta edición do San Froilán volve estar pensada para garantir a seguridade de todas as persoas que decidan achegarse ás distintas actividades que conforman o programa das festas", explicou Ferreiro.

Para poder entrar aos recintos de concertos ou aos espectáculos do San Froilán Miúdo será preciso dispoñer dunha entrada que se poderá retirar de xeito gratuíto no portal de entradas da área de Cultura (entradaslugo.es) ou na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ata unha hora antes de cada evento.

Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo. As entradas poderá utilizarse ata 15 minutos antes da hora de comezo de cada actividade. A partir dese momento, a cabida do recinto poderá completarse coa xente que se achegue sen entrada, na zona de agarda habilitada para tal efecto.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara, segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

Programa San Froilán Miúdo 2021
► MARTES 5 
12.30 h. Uxía Lambona e a Banda Molona de Troula.
18.00 h. Oh- Pera de Circo Chosco.
MÉRCORES 6
18.00 h.
Desconcerto de Culturaactiva.
XOVES 7
18.00 h.
María Balteira, bailadora primeira de Producións Xamón.
VENRES 8
18.00 h
. Herencia de La industrial teatrera.
► SÁBADO 9
12.30 h.
Cousas da Casa de Mircromina teatro de títeres.
18.00 h. Triodedos de La Pequeña Victoria Cen.
DOMINGO 10
18.00 h
. Los Viajes de Bowa de La Gata Japonesa.
LUNS 11
18.00 h.
Yee-Haw de La Banda del Otro.
LUNS 12
18.00 h
. Exportats de La Trócola Circ.