Al Safir substitúe a Israel B como cabeza de cartel do Espazo Hip Hop

O festival de cultura urbana celébrase este venres a partir das 17.00 horas na Praza da Mosqueira
Al Safir. HIP HOP
photo_camera Al Safir. HIP HOP

O Espazo Hip Hop chega este venres a San Froilán cunha sexta edición que ratifica a evolución dun evento que nesta ocasión amplía actividades e inclúe actividades en colaboración con escolas e artistas locales no marco das festas de Lugo.

Israel B, parte do top español da música urbana, ía ser o cabeza de cartel, pero este xoves confirmouse que non poderá acudir ao evento. Al Safir será o seu substituto nunha edición aberta á participación dos grupos galegos situados como as principais referencias da música underground do país no eido do estilo urbano, como YNGZ, o entramado de produtores e artistas vigueses conformado por Wabi, Kszell e Yung Denzo, gañador a nivel europeo do concurso Snipes 2020.

Cartel modificado do Espazo Hip-Hop. EP
Cartel modificado do Espazo Hip-Hop. EP

O Espazo Hip Hop tamén contará con O Pirata, un ourensán punteiro que destaca pola súa participación en distintos eventos e festivais autonómicos. No tocante aos lucenses estará Carisma, un dos artistas novos con maior proxección na escena local. Como teloneiros subirán ao escenario MKP Crew, un grupo de Pontevedra que comeza a despegar a nivel galego.