miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Rubén Arroxo anuncia actuacións de mellora para varias beirarrúas da cidade

Imaxe de Arroxo nunha das zoas de actuación. CEDIDA
Imaxe de Arroxo nunha das zoas de actuación. CEDIDA

Entre elas, a renovación de sete rúas de As Gándaras 

O tenente alcalde Rubén Arroxo, anunciou este luns que durante o primeiro trimestre de 2022 comezarán os traballos de renovación de sete rúas das Gándaras. 

O edil aproveitou para facer un pequeno balance, e indicou que ó longo do ano 2021 se renovaran un total de 15 rúas da mesma zoa polo que as actuacións anunciadas son unha continuidade das melloras xa iniciadas. 

Ademais o goberno local tamén anunciou outras actuacións de mantemento viario que afectarán as rúas Ferradura, Ouriol, Garza, o Camiño das Regas e a Pista da Fervedoira así como da Calzada das Gándaras e da Rúa Tras do Colexio. 

Arroxo sinalou que con estas accións "continuamos a traballar na mellora dos barrios, mellorando a calidade de vida dos veciños que empregan estas rúas a diario"

Rubén Arroxo anuncia actuacións de mellora para varias beirarrúas...
Comentarios