jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Rubén Arroxo valora o San Froilán: "Un auténtico éxito"

Rubén Arroxo. SEBAS SENANDE
Rubén Arroxo. SEBAS SENANDE
O teniente de alcalde expresa o seu orgullo polo desenvolvemento das festas patronais deste 2019

O teniente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo unha breve valoración sobre o San Froilán deste ano, que califica de "auténtico éxito".

O edil nacionalista expresou a través do sue perfil de Twitter o "orgullo" por unhas festas que o seu grupo quixo darlle –"cun esforzo inmenso", apunta– "unha pequena volta" entrando no goberno local en xullo, co "parón veraniego" de por medio e con moitos grupos coa xira pechada.

Arroxo destacou ademais a presenza de 50 grupos locais que amosaron que "nada teñen que envidiar" aos que "veñen de fóra", así como "o retorno da Banda Municipal".

Non esqueceu citar o "orgullo da veciñanza de Lugo polo noso San Froilán", así como o "traballo profesional de todas as persoas que fixeron posible" o desenvolvemento destas festas.

Rubén Arroxo valora o San Froilán: "Un auténtico éxito"
Comentarios