Rubén Arroxo: "A rotonda de San Eufrasio avanza a bo ritmo"

O tenente de alcalde visitou os traballos de construción, onde se continúa a montar a estrutura da rotonda
Rubén Arroxo visita as obras da rotonda de San Eufrasio. EP
photo_camera Rubén Arroxo visita as obras da rotonda de San Eufrasio. EP

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou a construcción da rotonda de San Eufrasio, onde se continúa coa montaxe da estrutura da rotonda. Arroxo, acompañado do concelleiro de Infraestruturas e técnicos da obra, Alexandre Penas, afirmou que “aínda con esta construcción provisional, pendente do remate da obra, pódese ver a diario a mellora do tráfico nesta zona, onde se acabou co que era ata o de agora un dos puntos negros máis importantes de Lugo”.

Arroxo afirmou que "a construcción desta rotonda é un dos proxectos máis importantes que estamos a levar a cabo desde a área de Mobilidade, dentro dos obxectivos de aumentar a seguridade viaria e garantir unha mellor mobilidade en Lugo".

Os estudos realizados durante a redacción do proxecto de obra comparan a situación anterior e a alternativa da rotonda, medindo tempos de viaxe, tempos de demora, cola media de vehículos, número de paradas e tempo total de cada parada, tendo en conta os momentos de maior fluidez de tráfico. Nas conclusións calcúlase que a lonxitude da cola media de vehículos e os tempos de parada teñen unha diminución case total, o que produce un aforro significativo nos tempos de viaxe e demora, e no número de paradas dos vehículos.

A rotonda eliminou os distintos xiros á esquerda que se teñen que realizar actualmente, e, unha vez esté completamente rematada aumentará a distancia de visibilidade, que co cruce anterior era inferior á distancia de cruce, o que en conxunto suporá unha importante mellora para a seguridade viaria da contorna.
 

Comentarios