jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Rubén Arroxo participará no II Foro de Mobilidade do Concello da Coruña

Rubén Arroxo. EP
Rubén Arroxo. EP
O encontro contará con representantes dos gobernos locais das sete principais cidades galegas

O tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, participará o vindeiro martes no II Foro da Mobilidade organizado polo Concello da Coruña, dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade.

Arroxo participará nunha mesa redonda na que estarán presentes representantes dos gobernos municipais das sete cidades galegas. Por iso, o edil agradeceu ao Concello da Coruña "que se fixen no modelo de mobilidade que estamos a aplicar en Lugo e que nos conviden a poñelo en común co resto de cidades" galegas.

Explicou que "neste foro destacaremos a labor realizada nos dous últimos anos na mobilidade en Lugo, poñendo en valor as distintas actuacións realizadas para gañar espazos para os peóns, fomentando o uso de medios de transporte alternativos e apostando por un transporte público que mellore as conexións diarias da veciñanza". 

Temén sinalou que "a crise sanitaria fíxonos ver que as cidades non foron deseñadas para contar con espazos para as persoas, vimos como os espazos de todas as cidades quedaban curtos cando comezamos a saír de xeito masivo nos horarios nos que se permitiu pasear". 

O II Foro da Mobilidade contará con distintas palestras relacionando a mobilidade coa saúde, o deseño das cidades e a mobilidade alternativa nos espazos públicos. Terá lugar o vindeiro martes a partir das 16.30 no Museo Científico Domus da Coruña.

Rubén Arroxo participará no II Foro de Mobilidade do Concello da...
Comentarios