Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben a un grupo de estudantes de Turismo da UDC

"Desde Lugo traballamos por un turismo de calidade que garanta a convicencia entre a veciñanza e as persoas que nos visiten", explicou a edil de Cultura
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e o guía Guido Álvarez cos alumnos do grao de Turismo da UDC. CEDIDA
photo_camera Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e o guía Guido Álvarez cos alumnos do grao de Turismo da UDC. CEDIDA

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, recibiron a un grupo de estudantes do grao de Turismo da UDC. A edil de Cultura explicou o traballo realizado nos últimos anos polo Goberno de Lugo en materia turística "posicionando a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galicia, o que nos permitiu que na campaña deste verán case duplicaramos os datos previos á pandemia".

Maite Ferreiro destacou que "o aumento de persoas que se achegan á cidade é froito da campaña Lugo Km 100, que está posicionando o noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade, poñendo en valor o patrimonio histórico e a ampla programación cultural coa que contamos", e afirmou que "Lugo é o mellor destino para fuxir das masificacións e desfrutar dunha gran cantidade de patrimonio cunha programación cultural ampla e diversa".

As e os estudantes da UDC realizaron unha visita ao Vello Cárcere e ao resto da cidade acompañados polo guía turístico Guido Álvarez, onde coñeceron a historia da cidade.

Comentarios