martes. 03.08.2021 |
El tiempo
martes. 03.08.2021
El tiempo

Arroxo e Rivas visitaron os campamentos de Xadrez da asociación Xaquedrum

As nenas e nenos do campamento de xadrez. CEDIDA
Os rapaces que asisten ao campamento celebraron este martes o Día Internacional do Xadrez cunha serie de partidas con Diego Florez

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto cos concelleiros Felipe Rivas, responsable da Concellería de Educación, e Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, visitaron o campamento de xadrez organizado pola asociación Xaquedrum, que se está a celebrar estes días no CEIP Illa Verde.

Felipe Rivas destacou a importancia do xadrez “no desenvolvemento das capacidades sociais e intelectuais das nenas e nenos”, ademais da súa interxeracionalidade “que permite que todas as persoas poidan desfrutar deste deporte sen importar a súa idade”.

Ademais, as nenas e nenos do campamento celebraron este martes o Día Internacional do Xadrez cunha serie de partidas simultáneas co xadrecista local Diego Flórez.

O Día Mundial do Xadrez foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2019, en conmemoración da data na que se creou a Federación Internacional de Xadrez (FIDE), no ano 1924.

Ademais, o xadrez intégrase dentro dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, fortalecendo a educación, a promoción da igualdade de xénero, o empoderamento das nenas e mulleres e a inclusión, a tolerancia e o respecto.

Arroxo e Rivas visitaron os campamentos de Xadrez da asociación...
Comentarios