Rubén Arroxo convoca unha nova xuntanza da Mesa de Transporte Público

"Para a confección das novas liñas contamos con máis de 1.000 propostas da veciñanza", lembrou o tenente de alcalde

Os edís, reunidos na mesa de transporte.EP
photo_camera Os edís, reunidos na mesa de transporte.EP

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a convocatoria dunha nova Mesa de Transporte Público "na que daremos conta dos avances realizados na renovación do transporte urbano de Lugo", explicou Rubén Arroxo, que lembrou que “para a confección das novas liñas contamos con  máis de 1.000 propostas da veciñanza”.

Na Mesa de Transporte Público están presentes, ademais de Rubén Arroxo como concelleiro de Mobilidade, concelleiros e concelleiras representantes do resto de Grupos Municipais, con Miguel Couto representando ao grupo municipal do PSOE; Antonio Ameijide, por parte do PP; e Olga Louzao, por Ciudadanos. Rubén Arroxo afirmou que “desde a área de Mobilidade quixemos elaborar as novas liñas contando coa participación de toda a corporación municipal”.

A xuntanza da Mesa de Transporte Público terá lugar mañá, a partir das 9.00 no Salón de Comisións do concello.

Comentarios