miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Arroxo anuncia dúas novas intervencións de renovación de iluminación na cidade

Alexandre Penas e Rubén Arroxo. EP
Alexandre Penas e Rubén Arroxo. EP
O goberno de Lugo aprobará este mércores iniciar o procedemento para contratar dúas novas actuacións cunha inversión total duns 300.000 €

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o goberno de Lugo aprobará este mércores iniciar o procedemento de contratación de dúas novas actuacións de renovación da iluminación pública, por un total de 296.431,80 euros entre ambas actuacións.

Neste sentido, Arroxo afirmou que "continuamos avanzando na renovación do alumeado público en dúas zonas da cidade, aumentando e mellorando as instalacións xa existentes para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza".

Continuamos a avanzar na renovación do alumeado na cidade, aumentando as instalacións existentes onde sexa preciso para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza

A primeira actuación que se aprobará será a renovación da iluminación na Rolda das Mercedes e na Rolda Xosé Castiñeira, onde se renovarán as luminarias existentes por LEDs de baixo consumo, e terá un orzamento de saída de 80.591,90 euros e un prazo de execución de dous meses. Substituiranse luminarias de 150W por luminarias de 85, o que permitirá aforrar 1235W ao ano, evitando emitir 1.9 Toneladas de CO2.

A segunda renovación será na contorna das rúas Monte Faro e Illas Canarias, onde se renovarán as luminarias e a instalación, aumentando a cantidade de puntos de luz e o cableado. Retiraranse 55 luminarias de 150W de vapor de sodio, elemento altamente contaminante, por luminarias de 85W. En total emitiranse 5.5 toneladas de CO2 menos, e aforraranse 3575W.

Rubén Arroxo lembrou que desde a área de Mobilidade e Infraestruturas se adicaron nos últimos dous anos preto de 3 millóns de euros na renovación da iluminación pública da cidade, substituíndo luminarias con elementos contaminantes e con altos consumos de enerxía por LEDs de baixo consumo e maior capacidade lumínica, eliminando ao mesmo tempo zonas escuras e aplicando criterios como a perspectiva de xénero para aumentar a seguridade nas rúas.

Arroxo anuncia dúas novas intervencións de renovación de...
Comentarios