A Rúa Menorca acollerá as sete palabras do ano escollidas desde o 2014 pola RAG

Colocaranse insertadas no pavimento
Rubén Arroxo, no centro, na rúa Menorca. EP
photo_camera Rubén Arroxo, no centro, na rúa Menorca. EP

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou este domingo que a Rúa Menorca foi a elexida para acoller as distintas palabras do ano escollidas desde o 2014. Situaranse insertadas no pavimento e acompañaranse do ano no que foron distinguidas.

A escolla da palabra do ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. As sete palabras do ano escollidas até o de agora son: corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño e Nós.

Comentarios