Renuncian os policías de atestados de Lugo aducindo falta de medios

Os sindicatos policiais acusan a alcaldesa das deficiencias no servizo

Coche de la Policía Local de Lugo. J.VÁZQUEZ
photo_camera Coche de la Policía Local de Lugo. J.VÁZQUEZ

A Policía Local de Lugo e o Goberno Municipal viven unha nova fase do seu enfrontamento ao renunciar os axentes que realizaban os atestatos. Segundo informou a Televisión de Galicia, os uniformados alegaron falta de medios téncicos e humanos.

Entre outros motivos, contan que os vehículos son vellos, teñen ordenadores que non funcionan, escaseza de material ou falta de descanso.

Os sindicatos policiais acusan a alcaldesa das deficiencias no servizo. "Lara Méndez non adecúa a plantilla nin os medios ás necesidades do servizo da Policía Local," declarou Manuel Cerdeira, representante do sindicato CSIF na Policía Municipal de Lugo, á canle pública.

A alcaldesa restou importancia ás renuncias e indicou que o servizo de atestados se vai seguir prestando, igual que o resto dos da policía. "Temos que adecuar os medios dos que dispoñemos ás necesidades do servizo", asegurou a socialista.

Comentarios