Relacións Laborais, unha das saídas profesionais máis solventes

A  E.U. de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á USC) imparte o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pertencente á rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas.
IMG_7832

O Grao en Relacións Laborais conta cunha traxectoria formativa que vai gañando protagonismo nos tempos actuais de crise económica e unha alta tasa de paro, pois permite moitas saídas profesionais.

IMG_1824A  E.U. de Relacións Laborais de Lugo (adscrita á USC) imparte o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pertencente á rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Trátase dunha titulación de grao de 240 ECTS distribuídos en catro cursos e cun marcado carácter multidisciplinar.

O obxectivo desta titulación universitaria é crear profesionais do mundo das relacións laborais, o que implicará a adquisición polo alumnado dun amplo abano de coñecementos que converxen no mundo do traballo.

Así, faise necesario o estudo de distintas ramas do Dereito, de Economía, de Socioloxía, de Psicoloxía, de Organización de Empresas, de Dirección e Xestión de Recursos Humanos, de Informática, de Prevención de Riscos Laborais, entre outras disciplinas.

Entre as principais saídas profesionais encóntranse as seguintes:

1.  Acceso á Administración pública (grupo superior):
-Persoal técnicos da Seguridade Social.
-Persoal Interventor da Seguridade Social.
-Persoal inspector de Traballo e Seguridade Social.
-Persoal inspector de Facenda do Estado.
-Persoal inspector de Policía.
-Ensino Secundario, etc.

2. Acceso á contratación por conta allea; poderanse realizar dentro da empresa tarefas como:
-Responsable do Departamento de Prevención de Riscos Laborais.
-Responsable da Xestión e Dirección dos Recursos Humanos.
-Responsable da Xestión do Departamento de Administración (elaboración de contratos, asesoramento laboral, fiscal, contable, en materia de Seguridade Social, etc)

3. Exercicio da profesión de graduado social, previa á colexiación no Colexio Profesional de Graduados Sociais.

4. Auditores sociolaborais para o control e avaliación da xestión de recursos humanos.

5. Axentes de emprego e desenvolvemento local.

6. Axentes de conciliación, técnicos de orientación e intermediación laboral.

7. Persoal formador e Técnicos para a inserción laboral.
 

Comentarios