Regresa o Mercado Tradicinal de Entroido ao soto da Praza de Abastos de Lugo

"É unha das datas nas que máis persoas se achegan á Praza a desfrutar dos productos de primeira calidade", explicou Cristina López, concelleira de Participación
Arroxo, con Rivas e López na Praza de Abastos. EP
photo_camera Arroxo, con Rivas e López na Praza de Abastos. EP

O soto da Praza de Abastos de Lugo albergou este venres a celebración do Mercado Tradicional de Entroido. "É unha das datas nas que máis persoas se achegan á Praza a desfrutar dos productos de primeira calidade que se comercian nesta instalación", explicou a concelleira de Participación, Cristina López, que estivo presente xunto co tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o edil de Educación, Felipe Rivas. 

Cristina López destacou a boa acollida da reforma do soto da Praza. "Os traballos permitiron mellorar as instalacións e aumentar a calidade do Mercado Tradicional, continuando co obxectivo de dinamizar a praza de Abastos".

A concelleira explicou que os mercados son "un piar estratéxico para a economía": "O Mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores", asegurou.