lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Unha recompilación de cen textos de Barriga Verde forman o 16º 'San Froilán dos Devanceiros'

Maite Ferreiro e Xaime Iglesias González. EP
Maite Ferreiro e Xaime Iglesias González. EP
O escritor Xaime Iglesias presentou con Maite Ferreiro esta nova edición da publicación anual das festas

 O 16º libro da colección San Froilán dos Devanceiros, titulado Barriga Verde na prensa. Unha escolma de cen textos pretende poñer a disposición do público en xeral unha escolma de cen significados textos xornalísticos alusivos a Barriga Verde. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou este mércores a obra xunto co autor, Xaime Iglesias González.

"Botábase en falta unha publicación que recollese os artigos xornalísticos que se achegaron ao fenómeno social e cultural que significou Barriga Verde", indicou a concelleira, que destacou a súa popularidade e a súa importancia para a lingua e cultura, "máxime nuns tempos en que as carencias eran moitas e a liberdade estaba coutada".

Ferreiro destacou a vixencia de Barriga Verde, e a necesidade de poñelo en valor, defendelo e facelo visíbel, "vendo as protestas nalgunha das últimas representacións recreando a Barriga Verde".

Unha recompilación de cen textos de Barriga Verde forman o 16º 'San...
Comentarios