Quince persoas competirán por cada unha das doce prazas de bombeiros

Seis prazas pertencen á oferta de emprego público de 2015 e seis á de 2016

Fachada do Parque de Bombeiros de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Fachada do Parque de Bombeiros de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

O Concello publicou este martes a lista provisional de persoas admitidas para concorrer ás doce prazas de bombeiro condutor que convocou a administración local. Dos 309 inscritos cumprían requisitos 186, polo que por cada praza competirán quince candidatos.

Seis prazas pertencen á oferta de emprego público de 2015 e seis á de 2016. Tal como publica o Boletín Oficial da Provincia, hai un prazo de dez días hábiles para enmendas. A listaxe de admitidos pode consultarse na páxina web do Concello, www.lugo.gal, no apartado de Emprego Público ou tamén no teléfono 010.

Bombeiros é un dos moitos servizos municipais con déficit de persoal, o que provoca que en determinados períodos, como o verán, as quendas sexan moi reducidas. O costume era reforzalas, pero moitos bombeiros superaron o número de horas extras e terán dificultade para cobralas, polo que algúns deixaron de reforzar. Ademais, o servizo está sen xefe dende setembro.

Comentarios