Contido patrocinado por Serfuja

Que é o 'rigor mortis' e por que é importante para investigar unha morte?

En que consiste o ‘rigor mortis’ e por que se usa para coñecer detalles a fondo dalgunha morte?
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

O 'rigor mortis' é unha condición que adquire un corpo cando se produce o falecemento. Como indica o seu propio nome, trátase da rixidez dos músculos do cadáver, que vén motivada por procedementos químicos que se inician no momento do propio pasamento.

En concreto, as células musculares deixan de respirar de forma aeróbica e fano unicamente de xeito anaeróbico. Este fenómeno natural provoca que proteínas coma a actina ou a miosina, que serven á contracción muscular, se fundan nun xel que leva ás fibras musculares a quedaren completamente inmóbiles.

A existencia de varias fases distintas dentro do 'rigor mortis' é un factor que axuda a establecer tanto a data e hora do falecemento coma a última postura da persoa falecida. Esta cuestión é relevante, por Jorge Balado. Serfuja exemplo, nas investigacións xudiciais sobre xente que morrera sen que ninguén o notificase (coma un homicidio) para poder estimar canto tempo transcorreu dende a defunción e, a partir desa información, realizar pescudas sobre as causas ou a implicación doutras persoas.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas