domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

Por que se produce o medo á morte? Pode curarse?

Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
É normal que lle teñamos medo a morrer ou é algo que debamos tratar? Como se fai?

Sentir medo nalgunha ocasión pola nosa morte ou a dalgún ser querido é algo común e normal, agás se se dá cunha intensidade desproporcionada que limita a nosa vida cotiá. Nestes casos falaríamos de tanatofobia, un temor inxustificado e persistente que adoita relacionarse con tres factores: a personalidade e a xenética (se os nosos ancestros experimentaron unha grande ansiedade diante dun falecemento nós teremos máis predisposición a sufrila), a educación e a cultura e tamén as propias experiencias.

Cando sintamos manifestacións no noso corpo (palpitacións, tremores, sudoración, sequidade na boca ou opresión no peito), na nosa conduta (insomnio ou illamento por estas sensacións) ou nos pensamentos (crisis de ansiedade, depresión ou altos niveis de hipocondría) pode ser o momento de buscar axuda entre os e as profesionais.

A realización de actividade física, a relaxación, a distracción, a hipnose ou mesmo a aplicación da realidade virtual son algunhas das vías que normalmente se seguen para abordar esta fobia, que lle afecta a menos dun 2% da poboación.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas

Por que se produce o medo á morte? Pode curarse?