Contido patrocinado por Serfuja

Que ocorre cunha mascota cando falece a súa persoa propietaria?

Cal é o destino dun animal de compañía se o seu dono ou dona morre?
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

A Lei 17/2021, de modificación do Código Civil, da Lei Hipotecaria e da Lei de Axuizamento Civil, incorpora varias novidades sobre o réxime xurídico dos animais, coma a de deixar de consideralos "bens inmobles ou cousas" para recoñecerlles a súa natureza de "seres que senten".

Nesta reforma, que entrou a vigor a comezos do 2022, inclúese un artigo 914 bis do Código Civil no que se regula explicitamente que sucederá coas mascotas no momento de falecemento da súa persoa propietaria. Nel, indícase que, a falta de disposición testamentaria sobre o animal, este entregaríaselle aos herdeiros ou legatarios que os reclamasen conforme á lei.

Naqueles supostos nos que este trámite non se poida realizar de xeito inminente, a mascota pasará á custodia do centro que teña encomendada a recollida de animais abandonados ata que se resolva todo o procedemento. Se ningún dos sucesores quixera facerse cargo del, este órgano podería cederllo a un terceiro; e se, pola contra, máis dun deles reclamase o animal será a autoridade xudicial quen decida tendo en conta o benestar da mascota.

Envía a túa consulta a www.asgandaras.gal/dudas

Comentarios