Contido patrocinado por Serfuja

Que diferenzas hai entre o dó pola perda dun bebé e un dó convencional?

Estes días, co caso de Cristiano Ronaldo, fálase moito do dó pola morte dun bebé. Que diferenzas ten?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

As mortes perinatais son as que se producen entre a semana 22 do embarazo (non deben confundirse cos abortos espontáneos que poden darse nos primeiros meses de xestación) e unhas semanas despois do nacemento. Segundo os datos do INE, en Galicia houbo 46 defuncións deste tipo en 2020, ningunha delas na provincia de Lugo.

Aínda que a xestión do dó é sempre individual, existen tres factores diferenciais nestes falecementos: por unha banda, o tabú social que existe ao redor destas mortes, que fai que sexan frecuentemente silenciadas. Pola outra banda, a deslexitimización que adoita haber ao redor desta vivencia, con frases coma "podes ter máis fillos" ou "aínda non tiveras tempo de collerlle cariño".

En terceiro lugar, tamén inflúe notablemente a cuestión hormonal. Neste sentido, o corpo da muller ten indicadores contraditorios nas primeiras etapas, xa que o afrontamento da realidade choca coa xeración de prolactina –a hormona producida pola glándula pituitaria responsable da produción de leite materno–.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas