Contido patrocinado por Serfuja

Por que os cadáveres poden presentar algo de inchazón?

A que se debe que os corpos sen vida poidan dar a sensación de estaren lixeiramente inchados?
Interior do tanatorio de Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Interior do tanatorio de Serfuja As Gándaras. CEDIDA

Trátase dun proceso natural derivado do que se coñece como autólise, un fenómeno polo cal as células do corpo humano se autodestrúen e, a consecuencia diso, liberan unha serie de gases que provocan que o cadáver se inche.

Dado que se trata dun procedemento biolóxico progresivo, canto máis tempo transcorra dende o falecemento maior pode chegar a ser esa impresión de inchazo. Isto significa que pode suceder que nas primeiras horas de exposición do cadáver non se perciba este aspecto, mais que, pola contra, si o acabe facendo nos momentos previos á súa exhumación ou incineración.

Aínda así, o labor do tanatopractor dun tanatorio é crítico para evitar o impacto visual que isto puidera ter sobre a familia e os seres queridos da persoa falecida. Así, entre as funcións dun profesional da tanatopraxia atópase a de limpar e desinfectar o corpo para eliminar, na medida do posible, as bacterias que aceleran esta fase de autólise, que é a etapa previa á da putrefacción.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas