Contido patrocinado por Serfuja

Por que algúns cadáveres fan certos movementos que nos levan a pensar que seguen vivos?

Estes días lin en elprogreso.es o caso dunha muller que golpeaba o seu ataúde minutos antes de ser enterrada. A que se debe?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

O primeiro que cómpre ter en conta é a necesidade de que exista un informe médico que certifique oficialmente a morte. Ese trámite é sempre preceptivo no noso país pero, en momentos puntuais, pode haber outros nos que non se cumpre, coma ese caso de Perú do que fala ou outro que se fixo viral tamén estes días en Shanghái.

Polo tanto, unha vez que os profesionais sanitarios examinan o cadáver e expiden ese documento –coñecido como exitus– o falecemento é irreversible. Isto non implica que non poidan darse algúns movementos involuntarios nos músculos que nos poidan levar a crer que se produce unha volta á vida. Porén, trátase dun procedemento biolóxico no que o sistema nervioso aínda segue en funcionamento e envíalle sinais á medula espiñal, un mecanismo que provoca tiróns e espasmos nas extremidades.

Á marxe destes movementos, as expulsións involuntarias de ouriños ou excrementos residuais do corpo ou tamén os sons inesperados producidos pola saída de gases pola traquea son outras realidades biolóxicas e fisiolóxicas que poden producirse unha vez falecida a persoa.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas