Propuestas lucenses para el futuro del Valle de los Caídos

El Valle de los Caídos. GUSTAVO CUEVAS (EFE)
photo_camera El Valle de los Caídos. GUSTAVO CUEVAS (EFE)

"Un espazo para a memoria desde a igualdade e a xustiza"

Alfonso Blanco Torrado

Sacerdote

"Debería reconvertirse nun espazo para a memoria desde a igualdade e a xustiza para facernos lembrar que hai xente soterrada nas cunetas e merecen un soterramento digno. O Monumento dos Caídos debe ser unha chamada de atención para toda a sociedade porque, durante anos, pesou sobre a xente unha lousa de silencio e de medo, xente que tiña os mortos en fosas comúns".

"Un centro cívico de recuerdo para que no haya otra Guerra Civil"

Félix Mondelo Santos Decano de los abogados

"Tendría que reconvertirse en un monumento a la memoria para que no se vuelva a repetir una contienda bélica como fue la Guerra Civil. Se podría hacer un centro cívico de recuerdo para que no se produzca un nuevo enfrentamiento y no haya otra Guerra Civil. La misión del Monumento del Valle de los Caídos debería ser la de evitar un nuevo conflicto bélico a través de la memoria".

"Habería que ver que se fai cos milleiros de soterrados"

Ramón Villares Paz Catedrático de Historia

"Eu penso que, antes de nada, o primeiro que habería que ter en conta é resolver que facer cos milleiros de persoas alí soterradas, a onde se levarían ou se seguirían alí. Despois, habería que proceder a unha resignificacion do monumento. Quizais o mellor sería, baixo o meu punto de vista, reconvertilo nun centro de estudio e de interpretación do franquismo en España".

"Un museo da Guerra Civil que fixese divulgación do conflito"

Ana Cabana Iglesia Doutora de Historia na USC

"Optaría por resignificar o Valle de los Caídos cun Museo da Guerra Civil, un espazo que non hai aínda en España malia que noutros países si se souberon normalizar con museos conflitos armados como a Segunda Guerra Mundial. Sería un lugar onde se explicasen as orixes, causas, desenvolvemento e consecuencias do conflito e se fixese divulgación cunha investigación rigorosa".

"Unha fundación con institucións representativas da sociedade"

José Vázquez Portomeñe Exsubdelegado de Gobierno

"Sería bo que fose un marco de encontro e un elemento de integración e tolerancia entre as lexítimas diferenzas entre colectivos. Pero tería que haber un consenso á hora de definir como se fai. Estaría ben unha fundación formada con institucións representativas da sociedade civil e que non fose tutelada por minorías. O obxectivo sería construír un futuro en común".

Comentarios