martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

El Progreso doa ao Hula material de protección

O xornal aporta 120 unidades de pantallas de protección facial en colaboración con Laserlucus, de Outeiro de Rei

EL PROGRESO, en colaboración con Laserlucus doará ao Hula 120 unidades de pantallas de protección facial contra o Covid-19 e 100 maquetas de madeira Wood Models para nenos e nenas a partir de 6 anos.

A idea de facer chegar os protectores faciais ao Hula xurdiu de El Progreso, con quen esta empresa de Outeiro de Rei xa colaborou noutras ocasions "e tamén agora. Sentímonos orgullos de poder aportar a nosa miguiña para colaborar na loita contra esta pandemia que está a cambiar as vidas das persoas e de a sociedade de todo o mundo", explica Ildefonso De Andrés, o xerente desta empresa familiar creada no 2012 a partires de Idea Almacén de Papelaría, S.L.,a matriz dedicada á distribución e fabricación de artigos escolares, de oficina e artes gráficas.

Laserlucus dispón de catro máquinas láser, persoal especializado en tecnoloxía e deseño, e máquinas complementarias. É un dos talleres do sector máis avanzados de Galicia e ademais de contar con clientes distribuidores por toda a Península desenvolve un completo proceso de dixitalización.

Esta empresa participa habitualmente en diferente campañas de solidariedade e colabora con diferentes ONG’s achegándolles partidas de diferentes produtos e material escolar, como cadernos, mochilas e artigos de escritura, entre outros.

No caso dos protectores faciais que están a fabricar para loitar contra o Covid-19 "entendemos que a gravidade da situación nos obriga a facelo", explica De Andrés.

A historia empresarial recente desta empresa comezou coa adquisición dunha máquina láser, á que logo se engadiría outra máis. En plena crise do ano 2008 diseñaron e comenzaron a fabricar unha liña de maquetas de madeira co nome de Wood Models. A finais do 2011, e vista a aceptación e o éxito desta iniciativa foi cando naceu a empresa Laserlucus, xa que o volume de traballo esixía separala de Idea almacén de papelería para meterse de cheo no sector,adquirindo ademais outras dúas máquinas.

Laserlucus conta cun equipo que destaca pola flexibilidade, e de aí a súa capacidade para fabricar produtos con diversas aplicacións e usos. "Investimos tempo en investigación e probas de novos materais, así como en novos mercados, sempre baseado na filosofía de aportar algo positivo a sociedade", comenta o xerente desta empresa coa segunda xeneración familiar involucrada nun proxecto de futuro que distribúe a librarías, papelarías e talleres de artes gráficas.

El Progreso doa ao Hula material de protección