A procesión do Carme ampliará o día 16 o seu percorrido ata a Praza da Soidade

O desfile, que discurrirá pola Rúa do Miño, a Praza do Campo, a Rúa Nova e a Praza da Soidade, irá acompañado polo grupo de gaitas Nubeiro

De los Ojos, irmán maior da confraría, na capela. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera De los Ojos, irmán maior da confraría, na capela. VICTORIA RODRÍGUEZ

A procesión da Nosa Señora do Carme que se vai celebrar o martes despois da misa de oito ampliará o seu percorrido. Chegará ata a Praza da Soidade, cando o ano pasado foi ata a do Campo e antes só discurría arredor da capela que dá nome ao barrio.

A misa das oito da tarde, que porá fin á novena, estará presidida polo bispo de Lugo, monseñor Carrasco Rouco, e actuará o coro Cantabile da Coruña. O día grande haberá oficios pola mañá cada hora de nove a doce. Despois permanecerá exposto o Santísimo.

Como a capela se queda pequena para esta misa, instalaranse dúas pantallas de televisión e cadeiras diante do templo para que os fieis que non dean entrado poidan seguir o oficio.

Outra das novidades deste ano é que os costaleiros que portan en andas a imaxe da Virxe e os que levan a cruz e os dous ciriais lucirán túnicas brancas e escapularios. Antes adoitaban ir vestidos de rúa. Ademais, as mulleres cofrades acompañarán á talla da Nosa Señora do Carme ataviadas con mantilla e peineta.

Esta confraría conta con máis dun milleiro de membros. O seu irmán maior, Antonio de los Ojos, dixo que o obxectivo é acadar os 1.500

O desfile, que discurrirá pola Rúa do Miño, a Praza do Campo, a Rúa Nova e a Praza da Soidade, irá acompañado polo grupo de gaitas Nubeiro e o coro Cantabile interpretará a carón do Museo Provincial unha composición en honor á Virxe.

Está previsto que asistan a esta celebración, entre outras autoridades, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a alcaldesa Lara Méndez, concelleiros e os irmáns maiores das demáis confrarías de Lugo.

DOUS SÉCULOS. O ano que vén cúmprense 200 anos da finalización da actual capela, polo que a Confraría da Nosa Señora do Carme, fundada en 1720, vai organizar diversos actos para conmemorar este aniversario.

Esta confraría conta con máis dun milleiro de membros. O seu irmán maior, Antonio de los Ojos, dixo que o obxectivo é acadar os 1.500. Para formar parte dela hai que pagar a cota anual, que é de só tres euros.

Comentarios