Preto de 1.000 escolares da comarca de Lugo participaron no Correlingua

Baixo o lema 'A lingua non para', os alumnos de máis de vinte centros educativos participaron na carreira en defensa do galego

Centos de escolares concentráronse na Praza de Santa María con motivo do Correlingua. IRIS ÁLVAREZ
photo_camera Centos de escolares concentráronse na Praza de Santa María con motivo do Correlingua. IRIS ÁLVAREZ

Preto de 1.000 escolares de máis de vinte centros educativos xuntáronse este mércores no centro de Lugo para participar no Correlingua, a carreira pola lingua que convoca a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), coa colaboración da Deputación de Lugo.

A rapazada xuntouse na Praza de Santa María, de onde partiu a carreira que incluiu a muralla no seu itinerario. Tamén se realizou a lectura dun manifesto por parte do alumnado de 1º de Eso do IES José Trapero Pardo de Castro Ribeiras do Lea e actuou o grupo Cuarta Xusta de Melide. Os actos seguirán este xoves na Praza da Catedral de Mondoñedo e o día 14, en Monforte. iris álvarez

Comentarios