miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

CONTIDO PATROCINADO POR SERFUJA

É preciso que estean de acordo todos os irmáns para exhumar un pai?

Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
Que ocorre se un dos irmáns é partidario de desenterrar o cadáver do pai pero o outro non quere facelo? É necesario que cheguen a un consenso?

Creo que é interesante distinguir entre o que marca estritamente a lei e o que é sempre máis recomendable. En concreto, para a realización dunha exhumación a normativa require dous documentos: por unha banda, a titularidade da escritura do espazo no que se atope enterrado o corpo e, pola outra, a solicitude para levar a cabo este traballo.

Este segundo trámite, que se presenta ante a Consellería de Sanidade sempre que non se trate de cadáveres xudiciais (neses casos, é o xulgado o órgano competente), require da sinatura dun familiar directo, sen que teña que vir avalado por todos. Polo tanto, dende un punto de vista literal, a lei non obriga a ese acordo entre irmáns.

Aínda así, o recomendable e tamén o máis habitual é que exista consenso entre todas as partes implicadas, xa que iso vai permitir unha mellor xestión do dó (ao encargar este tipo de traballos é frecuente que se lembre máis intensamente ao defunto) e tamén vai contribuír ao fortalecemento das relacións familiares.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas

É preciso que estean de acordo todos os irmáns para exhumar un pai?