A Praza de Abastos acende a súa iluminación de Nadal

Cristina López: “O apoio ao comercio local é moito máis importante este ano para colaborar súa recuperación ante a crise derivada da emerxencia sanitaria”
Acendido de luces na Praza de Abastos. CONCELLO DE LUGO
photo_camera Acendido de luces na Praza de Abastos. CONCELLO DE LUGO

A Área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou este venres o acto de acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López, “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que venden as praceiras e praceiros”.

Cristina López Fernández, que acudiu a ambas as prazas a presenciar o aceso, xunto co tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de cultura, Maite Ferreiro. Tamén asistiron ao aceso o presidente da asociación Lugo Monumental, Luís Latorre, e algúns dos comerciantes da Praza de Abastos. Nesta ocasión, o Concello investiu 15.000 euros na iluminación de ambos os espazos fronte aos 3.000 do ano pasado. 

Neste acto de acendido, a Cristina López agradeceu a todas as praceiras e praceiros "a súa implicación e colaboración durante os días máis duros do confinamento, onde puxemos en marcha servizos como a compra pre encarga ou o reparto a domicilio".  A edil de Participación destacou que “na Praza e no Mercado temos a posibilidade de adquirir produtos de calidade e desfrutar da atención personalizada dos distintos comerciantes nun entorno privilexiado do centro da cidade”.

Acendido de luces na Praza de Abastos. CONCELLO DE LUGO2