sábado. 18.01.2020 |
El tiempo
sábado. 18.01.2020
El tiempo

O PP denuncia que o catamarán da Deputación "podrece varado nun prado en Begonte"

O catamarán, na finca da Deputación en Begonte. EP
O catamarán, na finca da Deputación en Begonte. EP
O Goberno provincial avisou este mércores de que está á espera do correspondente informe pericial para decidir que facer coa embarcación

O PP de Lugo denunciou que o catamarán  Pelegrín I, afundido no Miño en Lugo, na noite do 19 ao 20 de decembro, "apodrece varado nun prado da Deputación en Begonte".

"Despois do abandono ao que estivo sometido o barco no río, que propiciou que afundira, agora é unha especie de monumento, instalado nunha leira, á desidia na xestión dos asuntos públicos por parte do bigoberno provincial, presidido polo socialista José Tomé", apuntou o deputado provincial Óscar Poy.

O popular destaca ademais que o prado onde se atopa a embarcación "parece un vertedoiro". "Non é a mellor imaxe que pode dar a Deputación e a responsabilidade é de quen a goberna", insistiu Poy.

INFORME PERICIAL. Este mércores, o goberno da Deputación informou de que está á espera do correspondente informe pericial sobre os danos que sufriu a embarcación para tomar unha decisión con respecto ao futuro do catamarán. O informe técnico determinará se vale a pena reparalo ou, pola contra, se opta por envialo a despezar.

O PP denuncia que o catamarán da Deputación "podrece varado nun...
Comentarios